Monday 29 de April de 2024

A actuación de Patty Diphusa marca o ecuador do Verán Cultural da Pobra


A programación do Verán Cultural da Pobra do Caramiñal chega ao seu ecuador cunha nova función destinada ao público familiar no día 26.

Patty Diphusa intentará chegar ao máis alto en SuperHarte 2.0. Para logra-lo seu obxectivo, a artista empregará tódalas habilidades ao seu alcance: bailando, trepando, inflando globos…

A actuación será no Cantón da Leña, a partir das 20.30 horas.

Organizada pola Concellaría da Cultura, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, esta axenda consta dun total de catorce espectáculos de balde para dinamiza-la vida cultural do municipio entre os meses de xullo e agosto.